Pousos da Area

A Nosa Filosofía

Pousos da Area ten como principal obxectivo a recompilación, conservación, promoción e difusión do noso folclore, tentando en todo momento ser fieis á realidade das tradicións senlleiras de cada zona, respectando as músicas, os bailes, a vestimenta, a instrumentación e a fala de cada lugar.

Recuperación

Traballo de campo e investigación de fontes documentais.

Conservación

Recompilación, catalogación e estudo do noso patrimonio inmaterial.

Promoción

Posta en valor e dignificación das nosas tradicións.

Difusión

Organización e colaboración en eventos folclóricos e etnográficos.

foto-2

Quen somos

Pousos da Area xorde da idea dun grupo de mozas e mozos para recuperar e transmitir música e baile de raíz, sendo fieis ás tradicións senlleiras.

Dende a nosa fundación en 2011 consolidámonos como unha asociación preocupada pola posta en valor do patrimonio inmaterial galego.

Ademais de participar en multitude de festas, temos experiencia organizando diferentes eventos coma festivais, seráns, espectáculos ou exposicións

Saber máis

Proxectos

Un dos nosos principais obxectivos consiste na creación de proxectos encamiñados á difusión e posta en valor do noso patrimonio inmaterial, tanto en espectáculos coma na rúa. Estes proxectos baséanse en profundas investigacións do folclore galego formadas por recolleitas de campo e documentos históricos depositados en arquivos.

Fai a túa consulta

Aínda tes algunha dúbida?

Teléfono

671 932 328

Enderezo

Rúa da Fonte, 13

36910 - LOURIZÁN (PONTEVEDRA)

E-mail

afpousosdaarea@gmail.com

Déixanos a túa mensaxe e poñerémonos en contacto.

Acepto a Política de Privacidade do responsábel Asociación Folclórica Pousos da Area que contén informacion sobre o tratamento dos meus datos personais coa finalidade de prestaren os seus servizos e promocionalos, así como o medio de exercer os meus dereitos sobre o tratamento dos mesmos.